miércoles, 2 de octubre de 2013


ARRANCA UN NOVO CURSO
O pasado 11 de decembro  comezou  o  curso escolar 2013-2014. Como ven sendo tradición o primeiro día de escola o profesorado recibiu ao alumnado no patio da escola.
 
 
Este ano antes de escoitar o saúdo do Director e da Xefa de Estudos tivemos a oportunidade de escoitar un pequeno conto que recordamos aquí.
 
 
 
De súpeto, aquel ruído molesto e cárgante espertoume, din unha volta na miña cama e tapeime o nariz coa sabana. Pechei os ollos e tentaba volver a ese pracido estado inexplicábel de paz e sosego.
- Veña! Arriba, de pé, esperta …
Aquelas palabras  coma coitelos afiados dirixíanse cara a mín. Este non  ía ser un día normal
- A ver Pedriño esperta que hai que ir a escola …
Si!  A realidade rematou cos meus doces soños.
Rematarán as vacacións, o verán íase retirando pouquiño a pouco, e tocaba ir a escola.
Logo de máis de dous meses afixérame a estar na casa, espertarme sen sobresaltos, almorzar con papá e mamá, ir ao mercado, xogar, ir ao parque e acompañar a papá a oficina. Non sei moi ben que íamos facer alí, sei que selábanlle nun cartón.
Hoxe comezo as clases, volvo a miña escola, estarei cos  meus amigos. Os mestres esforzaranse para ensinarnos moitas  cousas, máis dunha vez enfadaranse con nós. Moitas veces non entenderemos porque temos que aprender algunhas cousas que a nos non nos parecen moi importantes.
E mentres papá e mamá agardaran na casa, pola tardiña viranme buscar e logo de ir un ratiño ao parque iremos para casa. Mentres mamá prepará a cea, papá axudarame a facelos deberes.
E así será o meu primeiro día de cole. Logo pola noite metereime na cama e desexarei con todas as miñas forzas que mañá cando mamá e papá veñan a buscarme á escola me poidan dicir: Xa atopamos un traballo Pedriño.
 

lunes, 4 de marzo de 2013


Podedes ver os vídeos das actuacións do Festival de Nadal 2012 premendo na pestana Chans-TV.

domingo, 3 de marzo de 2013


Xa podedes consultar tódolos números editados do noso xornal escolar
As Novas de Chans. Infórmate! Premendo na pestana Infórmate.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Infórmate, as novas de Chans.



Queridos nenos e nenas de Chans:

Naceu Infórmate, unha nova forma de comunicarvos as noticias que ocorren no noso entorno. O noso obxectivo é informarvos sobre excursións, charlas e de todas as novas en xeral. Pero esta non é a nosa única ambición, tamén queremos que colaboredes con nós, e nos enviedes cousas para poder mellorar. Haberá unha caixa de correo aberto para todas as vosas suxestións, peticións, preguntas… tede por seguro que Infórmate estará sempre aberto a tod@s vós.