ARRANCA UN NOVO CURSO
O pasado 11 de decembro comezou o
curso escolar 2013-2014. Como ven sendo tradición o primeiro día de escola o
profesorado recibiu ao alumnado no patio da escola.
Este ano antes de escoitar
o saúdo do Director e da Xefa de Estudos tivemos a oportunidade de escoitar un pequeno
conto que recordamos aquí.
De
súpeto, aquel ruído molesto e cárgante espertoume, din unha volta na miña cama
e tapeime o nariz coa sabana. Pechei os ollos e tentaba volver a ese pracido
estado inexplicábel de paz e sosego.
- Veña!
Arriba, de pé, esperta …
Aquelas
palabras coma coitelos afiados
dirixíanse cara a mín. Este non ía ser
un día normal
- A
ver Pedriño esperta que hai que ir a escola …
Si! A realidade rematou cos meus doces soños.
Rematarán
as vacacións, o verán íase retirando pouquiño a pouco, e tocaba ir a escola.
Logo
de máis de dous meses afixérame a estar na casa, espertarme sen sobresaltos,
almorzar con papá e mamá, ir ao mercado, xogar, ir ao parque e acompañar a papá
a oficina. Non sei moi ben que íamos facer alí, sei que selábanlle nun cartón.
Hoxe
comezo as clases, volvo a miña escola, estarei cos meus amigos. Os mestres esforzaranse para
ensinarnos moitas cousas, máis dunha vez
enfadaranse con nós. Moitas veces non entenderemos porque temos que aprender
algunhas cousas que a nos non nos parecen moi importantes.
E mentres
papá e mamá agardaran na casa, pola tardiña viranme buscar e logo de ir un
ratiño ao parque iremos para casa. Mentres mamá prepará a cea, papá axudarame a
facelos deberes.
E así será o meu primeiro día de cole. Logo pola noite
metereime na cama e desexarei con todas as miñas forzas que mañá cando mamá e
papá veñan a buscarme á escola me poidan dicir: Xa atopamos un traballo
Pedriño.