miércoles, 2 de octubre de 2013


ARRANCA UN NOVO CURSO
O pasado 11 de decembro  comezou  o  curso escolar 2013-2014. Como ven sendo tradición o primeiro día de escola o profesorado recibiu ao alumnado no patio da escola.
 
 
Este ano antes de escoitar o saúdo do Director e da Xefa de Estudos tivemos a oportunidade de escoitar un pequeno conto que recordamos aquí.
 
 
 
De súpeto, aquel ruído molesto e cárgante espertoume, din unha volta na miña cama e tapeime o nariz coa sabana. Pechei os ollos e tentaba volver a ese pracido estado inexplicábel de paz e sosego.
- Veña! Arriba, de pé, esperta …
Aquelas palabras  coma coitelos afiados dirixíanse cara a mín. Este non  ía ser un día normal
- A ver Pedriño esperta que hai que ir a escola …
Si!  A realidade rematou cos meus doces soños.
Rematarán as vacacións, o verán íase retirando pouquiño a pouco, e tocaba ir a escola.
Logo de máis de dous meses afixérame a estar na casa, espertarme sen sobresaltos, almorzar con papá e mamá, ir ao mercado, xogar, ir ao parque e acompañar a papá a oficina. Non sei moi ben que íamos facer alí, sei que selábanlle nun cartón.
Hoxe comezo as clases, volvo a miña escola, estarei cos  meus amigos. Os mestres esforzaranse para ensinarnos moitas  cousas, máis dunha vez enfadaranse con nós. Moitas veces non entenderemos porque temos que aprender algunhas cousas que a nos non nos parecen moi importantes.
E mentres papá e mamá agardaran na casa, pola tardiña viranme buscar e logo de ir un ratiño ao parque iremos para casa. Mentres mamá prepará a cea, papá axudarame a facelos deberes.
E así será o meu primeiro día de cole. Logo pola noite metereime na cama e desexarei con todas as miñas forzas que mañá cando mamá e papá veñan a buscarme á escola me poidan dicir: Xa atopamos un traballo Pedriño.